Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Luns, 13 de abril de 1998 Páx. 3.788

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1998 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de dereito penal, do departamento de Dereito Público, a Carlos Suárez-Mira Rodríguez.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 4 de abril de 1997 (BOE do 26 de abril), para a provisión da praza número 97/013 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de dereito penal, departamento de Dereito Público desta universidade, a favor de Carlos Suárez-Mira Rodríguez, e unha vez acreditado polo interesado os requisitos ós que alude o apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a deselvolven, resolveu nomear a Carlos Suárez-Mira Rodríguez, profesor titular de universidade da área de coñecemento de dereito penal, do departamento de Dereito Público, desta universidade.

A Coruña, 17 de marzo de 1998

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

2685