Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral para o Deporte, por Orde do 20 de xaneiro de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 24, do 5 de febreiro de 1998 ), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988,
do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería dispón resolve-la citada convocatoria de acordo cos seguintes apartados:
Primeiro.- Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se relaciona no anexo I da presente orde.
Segundo.- O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidad onde actualmente
o funcionario preste servicios, ou dun mes, se se trata de distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.
Terceiro.- A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como daquel no que obteña praza consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto.- Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1998.
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública
ANEXO I
DNI: 76.515.184
Grupo: D
Apelidos e nome: Rodríguez Bustelo, José Manuel
Posto de traballo: secretario/a do secretario xeral
Nivel: 18
Código posto: PR.P04.00.000.15770.001
Centro directivo: Secretaría Xeral para o Deporte
Localidade: Santiago de Compostela
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS
E VIVENDA
3063