Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 09 de abril de 1998 Páx. 3.769

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se fai pública a resolución de imposición de sanción relativa ó expediente sancionador en materia de espectáculos públicos OR-E-0233/1997.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan a continuación as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción a Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Número de expediente: OR-0233/1997.

Denunciado: Pablo García Fernández.

DNI: 44.459.437.

Enderezo: r/ Camiño Mende, 10-12 Ourense.

Establecemento: Pub Mismo, r/ Castelao nº 3 Maceda.

Precepto infrinxido: artigo 23.ñ) da Lei 1/1992, en relación co 26.e), da citada lei.

Importe das sancións: 50.100 ptas.

O importe da sanción farase efectiva en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial número 2046-0030-24-404000200-4 de Caixa Ourense, sucursal Torre de Ourense, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución sexa executiva. Para efectua-lo ingreso deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na oficina desta Delegación Provincial, sita en Avda. da Habana, 79-1ª esquerda en Ourense.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 9 de marzo de 1998.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense