Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 09 de abril de 1998 Páx. 3.768

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ACORDO do 12 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se comunica o inicio do expediente sancionador con referencia Secretaría 7/1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o acordo de inicio de expediente sancionador contra ela instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento do R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 24.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora), dispón dun prazo de 10 días para presentar alegacións; no caso de non presentalas e consonte o artigo 13.2º do devandito R.D. 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.

Expediente: Secretaría 7/1998.

Denunciado: Daniel López Neira.

DNI: 32.838.267.

Último enderezo coñecido: Arceo s/n. Boimorto.

Cualificación da infracción: leve.

A Coruña, 12 de marzo de 1998.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña