Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 09 de abril de 1998 Páx. 3.763

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 18 de marzo de 1998 pola que se regula o rexistro de colexios profesionais e de consellos galegos de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Decreto 161/1997, do 5 de xuño (DOG nº 126, do 2 de xullo), creou no seu capítulo II, artigo 7º o Rexistro de Colexios Profesionais e de Consellos Galegos de Colexios Profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, baixo a dependencia da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, establecendo así mesmo que a organización e réxime de funcionamento se realizaría por orde desta consellería.

En cumprimento dese mandado e da autorización concedida na disposición derradeira do citado decreto regúlase, mediante esta orde, a estructura, organización e funcionamento do citado rexistro administrativo.

Por todo iso, en uso das facultades que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Organización administrativa do rexistro.

A xestión do -Rexistro de Colexios Profesionais e de Consellos Galegos de Colexios Profesionais, creado para os efectos de publicidade con funcións de inscrición, certificación e custodia de documen

tos, está atribuída á Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local con competencia para cualifica-los actos inscritibles e ordenar ou denega-las inscricións.

Artigo 2º.-Estructura interna do rexistro.

1. O Rexistro de Colexios Profesionais e de Consellos Galegos de Colexios Profesionais está formado pola seguintes seccións:

Sección primeira: «Dos Colexios Profesionais», na que se inscribirán, con numeración correlativa os colexios profesionais e as delegacións de colexios profesionais de ámbito nacional existentes na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co disposto na disposición adicional segunda do Decreto 161/1997, do 5 de xuño.

Sección segunda: «Dos Consellos Galegos de Colxios Profesionais», na que se inscribirán con numeración correlativa os consellos galegos de colexios profesionais e os colexios profesionais únicos con ámbito de actuación na Comunidade Autónoma galega, de acordo co disposto na disposición adicional primeira do Decreto 161/1997, do 5 de xuño.

2. Cos expedientes de inscrición formarase un arquivo que conterá, ordenados cronoloxicamente, os documentos necesarios para a inscrición así como canta documentación teña relación coa organización, funcinamento e actividades do colexio ou consello de que se trate.

Artigo 3º.-Procedemento rexistral.

1. O rexistro levarase por un sistema de follas normalizadas utilizadas horizontalmente e os seus asentos serán correlativamente numerados seguindo unha orde cronolóxica. No caso de que un mesmo colexio ou consello precisase para os seus asentos mais dunha folla, consignarase en follas sucesivas a clave respectiva e numeraranse correlativamente.

2. Os asentos será de tres clases:

De ingreso, nos que se fará constar: a denominación, sede e ámbito do colexio ou consello galego; os fins estatutarios; as persoas que integran os órganos de goberno.

b) Complementarios: modificacións estatutarias, renovacións nos órganos de goberno con expresión de nomes e cargos, de cambios de domicilio soical, sedes e delegacións. Respecto da Sección de Colexios Profesionais, asento de integración nun consello; respecto da Sección de Consellos Galegos, as de incorporación de novos colexios. Ademais calquera outro acto xurídico ou dato con repercusións xurídicas os que conveña darlles publicidade.

c) De baixa: de disolución dos colexios ou consellos galegos de colexios.

3. As inscricións só poderán denegarse por resolución motivada se o acto de que se trate non reúne os elementos e requisitos previstos na normativa aplicable. Se a solicitude carecera dalgún requisito formal notificarase, para a súa emenda no prazo de dez días.

Artigo 4º.-Requisitos documentais para a inscrición.

1. A solicitude de inscirición rexistral irá acompañada da seguinte documentación:

1.1. Para a Sección Primeira.

1.1.1. Solicitude de inscrición na que conste a denominación exacta do colexio ou delegación, se é o caso, domicilio social na Comundade Atuónoma de Galicia e ámbito territorial de actuación.

1.1.2. Norma pola que se constituíu o colexio ou delegación acordo co previsto na lei reguladora dos colexios profesionais.

1.1.3. Estatutos.

1.1.4. Certificación da acta de aprobación dos estatutos e copia desta expedida polo secretario do colexio ou delegación, co visto e prace do presidente.

1.1.5. Certificación da relación dos cargos directivos e da composición da Xunta de Goberno, expedida polo secretario do colexio ou delegación co visto e prace do presidente.

1.2. Para a Sección Segunda:

1.2.1. Solicitude de inscrición na que debe constar denominación exacta do consello ou colexio único, se é o caso, e domicilio social.

1.2.2 Norma pola que se constituíu o consello ou colexio único, de acordo co previsto na Lei de colexios profesionais e, se é o caso, co Decreto autonómico 161/1997.

1.2.3. Estatutos.

1.2.4. Certificación da acta de aprobación dos estatutos e copia desta expedida polos secretario do consello ou colexio único co visto e prace do presidente.

1.2.5. Certificación da relación dos representantes de cada colexio que integran o consello expedida polos respectivos secretarios co visto e prace dos repectivos presidentes.

1.2.6. Certificación da relación dos cargos directivos e da composición da Xunta de Goberno do consello ou colexio único, se é o caso, expedida polo secretario co visto e prace do presidente.

2. A Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local poderá solicitar ós peticionarios de inscrición no rexistro calquera outra documentación que se con-

sidere necesaria para formaluza-la inscrición, e recadar para estes efectos os informes que considere precisos.

Artigo 5º.-Publicidade.

Poderá accederse ó contido do rexistro nos supostos e nas condicións establecidas na lexislación reguladora do acceso ós arquivos e rexistros administrativos, a través de certificación do contido das anotacións rexistrais expedidas pola Subdirección Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, encargada do rexistro.

Disposición transitoria única

Por parte da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local procederase á revisión da documentación remitida, ata a entrada en vigor desta orde, por aqueles colexios profesionais de ámbito nacional existentes na Comunidade Autónoma de Galicia, consellos galegos de colexios profesionais e colexios únicos con ámbito de actuación territorial na Comunidade Autnónoma de Galicia, que solicitaron a inscirición no rexistro, para os efectos da súa formalización e posterior inscrición de acordo co establecido nesta orde.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Xustiza e Administración Local para dicta-las normas que sexan necesarias para o correcto desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1998.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local