Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.667

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

NOTARÍA DO SR. POL GONZÁLEZ (OURENSE)

POXA notarial.

Eu, Antonio Pol González, notario do Ilustre Colexio da Coruña, con residencia en Ourense e despacho no parque de San Lázaro, número 14, entreplanta;

Fago saber que perante mín se tramita procedemento extraxudicial de execución hipotecaria, con número de expediente 1/1997, no que figura como acredora a compañía mercantil Industrial de Forjas de Orense, S.A., e como debedora Forjas de Galicia, S.A., con domicilio social no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, municipio de San Cibrao das Viñas, provincia de Ourense.

E que, posto que a poxa do predio e da maquinaria que despois se relacionan procede perante notario, se levará a cabo baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Lugar: tódalas poxas se realizarán na notaría de Antonio Pol González, en Ourense, parque de San Lázaro, número 14, entreplanta.

Segunda.-Día e hora: sinálase a primeira poxa para o día dezaoito de maio de mil novecentos noventa e oito, ás once horas; a segunda poxa, de se-lo caso, para o día quince de xuño do mesmo ano ás once horas; e a terceira poxa, chegado o caso, para o día trece de xullo seguinte, á mesma hora. No caso de melloramento da oferta da terceira poxa, sinálase para a licitación entre os mellorantes e os mellores ofertantes, o día vinteún de xullo seguinte, tamén ás once horas.

Terceira.-Tipo: o tipo para a primeira poxa do predio e da maquinaria é de cincocentos vinteoito millóns de pesetas; para a segunda o 75 por cento da cantidade sinalada; e a terceira será sen suxeición de tipo.

Cuarta.-Consignacións: agás o acredor, tódolos demais ofertantes, sen excepción, para participaren na primeira ou na segunda poxa deberán consignar na notaría unha cantidade equivalente ó 30 por cento do tipo que corresponda; na terceira poxa, o depósito consistirá nun 20 por cento do tipo da segunda poxa.

Quinta.-Documentación e advertencias: a documentación e a certificación do rexistro, ó que se refire o artigo 236, a) e b) do Regulamento hipotecario, poden consultarse na notaría. Entenderase que todo ofertante acepta como bastante a titulación. As cargas, os gravames e os asentos anteriores á hipoteca que se executa continuarán subsistentes.

Sexta.-Adxudicación coa condición de ceder a terceiro: só a adxudicación a prol do executante ou o remate ó seu favor ou dun acredor posterior poderán facerse coa condición de ceder a terceiro.

Bienes objeto de subasta: lote único.

a) Predio.-Parcela de terreno, coñecida por primeiro sector, do polígono industrial de San Cibrao

das Viñas, municipio de San Cibrao das Viñas, provincia de Ourense, dunha extensión aproximada de sesenta e seis mil douscentos nove metros cadrados. Sobre este predio, existen as seguintes edificacións:

Primeira: a) Unha nave industrial de dous mil cincocentos metros cadrados; b) Dúas naves paralelas, cunha superficie total de catro mil metros cadrados; c) Outra nave de novecentos metros cadrados; d) Unha caseta de transformadores; e) Outra nave de setecentos setenta e cinco metros cadrados, cunha caseta de transformadores; f) Unha soleira para parque de materiais; g) Un depósito semienterrado de mil metros cúbicos; h) Un depósito de fuel oil, cunha caseta de bombas; i) Un edificio dunha única planta de cen metros cadrados; j) Outras edificacións tales como: un depósito de gas propano, unha caseta de vaporización e unha caseta de vixilante.

Segunda: un edificio de planta baixa e alta, a primeira cunha superficie de cincocentos cincuenta metros cadrados e a segunda de catrocentos corenta metros cadrados. O resto do terreo edificable destinouse a zona de aparcamento, a zona de cadrga e descarga, a xardíns e a terreo dispoñible.

Inscrición: no Rexistro da Propiedade número 2 de Ourense, no folio 185, do libro 141 de San Cibrao das Viñas, tomo 782, inscricións 1ª e 2ª do predio 4.526.

b) Maquinaria.-Que Forjas de Galicia, S.A. ten instalada con carácter permanente, no antedito predio, para servir ás súas actividades industriais, entre outras, a seguinte maquinaria, toda ela cos seus correspondentes elementos accesorios para o seu perfecto funcionamento.

1. Forno de empuxe marca Heurtey, de 1.200.000 kcal/H.

2. Martelo contragolpe, marca beche & Grohs modelo DG-32.

3. Prensa hidráulica, marca Banning, de 1.500 Tm.

4. Prensa hidráulica revirado, marca Usi-Clearing, modelo H-200-108-21.

5. Cilindro laminador, marca Eumuco tipo RW-3, de 1920 mm.

6. Prensa excéntrica, marca Eumuco, tipo ADP-80, de 800 Tm.

7. Forno de empuxe, marca Heurtey, de 1.200.000 Kcal/H.

8. Martelo contragolpe, marca Beche & Grohs, modelo DG-20.

9. Prensa hidráulica, marca Banning, de 1.000 Tm.

10. Cilindro laminador, marca Eumuco, tipo RW-2a.

11. Forno de aquencemento, marca Guinea, tipo SGF-5 x 4A.

12. Martelo contragolpe, marca Beche & Grohs, modelo DG-10.

13. Prensa excéntrica, marca Eumuco, tipo ADP-50, de 500 Tm.

14. Forno de inducción, marca Hygassa, modelo Catenaxe de 1.125 kW con tres convertedores de 375 kW e 50/3.000 Hz.

15. Prensa excéntrica, marca Hasenclever, modelo Vepes 4.000/1.320/355, de 4.000 Tm.

16. Prensa excéntrica, marca Hasenclever, modelo Veph 800/1.320/315, de 800 Tm.

17. Cilindro laminador, marca Hasenclever, modelo AWF, 224/460/570, de 1.090 mm.

18. Forno de inducción, marca Haygassa, modelo Catenaxe, de 385 kW con un convertidor 50/3.000 Hz.

19. Prensa excéntrica, marca Hasenclever, modelo VER 1.600/1.060/280, de 1.600 Tm.

20. Prensa excéntrica, marca Berrenberg, modelo EPr 240/355K, de 240 Tm.

21. Prensa excéntrica, marca Berrenberg, modelo EPr 240/355K, de 240 Tm.

22. Forno de inducción, marca Hygassa, modelo Catenaxe, de 220 kW, cun convertidor de 375 kW e 50/3.000 Hz.

23. Prensa excéntrica, marca Eumuco-Luzuriaga, modelo SP/65.

24. Prensa excéntrica, marca Riba, tipo PDMR-150-EFM.

25. Forno de inducción, marca Hygassa, modelo Catenaxe, de 1.125 kW con tres convertidores de 375 kW e 50/1.000 Hz.

26. Prensa vertical, marca Lasco, modelo SSP-630/6,3 H.

27. Recalcadora horizontal, marca Hasenclever, modelo HG-200/630 de 350 Kg/H.

28. Recalcadora horizontal, marca Hasenclever, modelo HG-200/630, de 350 Kg/H.

29. Prensa de fuso, marca Hasenclever, modelo FPRN-400/100/600/1.850, de 1.600 Tm.

30. Cizalla, marca Peddinglaus, modelo 214/1.000, de 550 mm.

31. Cizalla, marca Gamei, modelo 214/400, de 400 mm.

32. Serra hidráulica, marca Uniz.

33. Forno de pozo, marca Guinea, modelo HVK-165, de 165 kW.

34. Forno de pozo, marca Guinea, modelo ARLV-110, de 110 kW.

35. Baño para tempero, marca Guinea, de 25.000 l.

36. Forno de pozo, marca Guinea, modelo HVK-110, de 118 kW.

37. Forno de pozo, marca Guinea, modelo HVK-110, de 118 kW.

38. Forno de pozo, marca Guinea, modelo HVK-110, de 118 kW.

39. Forno de pozo, marca Guinea, modelo HVK-110, de 118 kW.

40. Forno de pozo, marca Guinea, modelo GCV-GE, de 145 kW.

41. Forno de pozo, marca Guinea, modelo ARLV-8-0-92 de 90 kW.

42. Máquina granalladora, marca Mebusa, tipo Fulgur 800 Y.

43. Máquina granalladora, marca Mebusa, tipo RLLA-320-4DN.

44. Prensa de fuso, marca Gamei, modelo PHG-400-560.

45. Prensa hidráulica, marca Eitel, modelo RP-100.

46. Torno copiador, marca Georg Fischer, modelo KDM-9/80.

47. Torno copiador, marca GEorg Fischer, modelo KDM-9/80.

48. Torno paralelo, marca Cumbre, modelo 30.

49. Torno paralelo, marca P.G., modelo C-660/2.000.

50. Cepillo-ponte, marca Reichle & Knodler, modelo 0-4.000.

51. Fresadora Nassovia, modelo VA.1.11.2 Sentidux 800.

52. Fresadora Nassovia, modelo VA.1.11.2 Sentidux 800.

53. Fresadora Nassovia, modelo VA-11.11.2 Sentidux 800.

54. Fresadora universal, marca Deckel, modelo KF-25.

55. Fresadora universal, marca Zayer, modelo 66 BM.

56. Fresadora universal, marca Zayer, modelo BF-2.500.

57. Fresadora universal, marca Zayer, modelo BF-2.500.

58. Fresadora universal, marca Zayer, modelo BF-2.500.

59. Fresadora universal, marca Zayer, modelo BF-2.500.

60. Matrizadora Electroerosión, Agietron, modelo BL-90 L2.

61. Matrizadora Electroerosión, Agietron, modelo Bl-90 L2.

62. Matrizadora Electroerosión, ONA, modelo BA-Zaspi.

63. Torno vertical, marca Néstor, modelo TPH-1.250/1.400.

Ourense o trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e oito.