Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1998, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, da instalación e prestación do servicio de televisión e telefonía nos cuartos do Hospital da Costa (C.P. 3/98).

A Dirección Xerencia do Hospital da Costa de Burela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), convoca expediente de contratación polo sistema de concurso público e procedemento aberto de:

*C.P. 3/98, instalación e prestación do servicio de televisión e telefonía nos cuartos do Hospital da Costa.

Prazo de execución do contrato: 10 anos contados a partir da data de formalización do oportuno contrato, podendo prorrogarse antes da súa finalización ou da de calquera das prórrogas, por períodos máximos de 5 anos.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Hospital da Costa, teléfono (982) 58 98 57 e fax (982) 58 98 58, durante o prazo de admisión de proposicións.

Admisión de variantes: admitiranse todo tipo de propostas que supoñan unha mellora para a pres

tación do servicio, mantendo en todo caso as condicións básicas establecidas no prego de cláusulas.

Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante o previsto no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

Solvencia técnica: acreditarase mediante o previsto no artigo 19 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula número 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional de 100.000 pesetas. A dita fianza constituirase segundo o disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Clasificación: no se esixe.

Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Hospital da Costa a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa ás 11 horas do undécimo día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios do contrato.

Burela, 26 de marzo de 1998.

Jesús Santiago Ares Martínez

Director xerente do Hospital da Costa de Burela

3083