Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Psiquiátrico Rebullón, pola que se anuncia o concurso público 12/1998, polo procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación da subministración sucesiva de material de oficina (papel Din A-4) para este complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Rebullón, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG 111, do 6 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento:

Contratación de: subministración sucesiva de material oficina (papel Din A-4).

Orzamento estimado: 1.461.000 ptas. (un millón catrocentas sesenta e unha mil pesetas).

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1998.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público, trámite ordinario, nº 12/1998.

Admisión de variantes: non se admitirán variantes.

Solvencia económica e financeira: acreditarase polos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase polos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Fianza provisional: a contia da fianza provisional (por valor do 2% do orzamento total do contrato) é de: vintenove mil dúascentas vinte pesetas (29.220 ptas.).

Criterios de adxudicación:

Nº de ordeCriterio de adxudicaciónPonderación

1 Valoración económicaAta 5 puntos

2Calidade Ata 3 puntos

3Prazo de entrega Ata 2 puntos

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións e Contratación do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón, r/ Loureiro Crespo nº 1, das 9 ás 14 horas, de luns a venres. (Tfno: (986) 86 23 63 e fax: (986) 84 79 41).

Presentación de proposicións: deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (986) 84 79 41 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar nun acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte día a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 11 de marzo de 1998.

Alfredo García Iglesias

Director xerente do Complexo Hospitalario

Provincial de Pontevedra-Psiquiátrico Rebullón

2726