Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Psiquiátrico Rebullón, pola que se anuncia o concurso público 9/1998, polo procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación da subministración sucesiva de diverso material sanitario (luvas) para este complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Rebullón, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG 111, do 6 de xuño), sobre delegación de com

petencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento:

Contratación de: subministración sucesiva de diverso material sanitario (luvas).

Orzamento estimado: 8.326.135 ptas. (oito millóns trescentas vinteseis mil cento trinta e cinco pesetas), desagregado en lotes.

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1998.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público, trámite ordinario, nº 9/1998.

Admisión de variantes: non se admitirán variantes.

Solvencia económica e financeira: acreditarase polos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase polos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Fianza provisional: a contía da fianza provisional é de:

Lote 1: 110.891 ptas.

Lote 2: 55.631 ptas.

Criterios de adxudicación:

Nº de ordeCriterio de adxudicaciónPonderación

1CalidadeAta 5 puntos

2Prezo Ata 5 puntos

3Prazo Ata 3 puntos

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións e Contratación do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón, r/ Loureiro Crespo nº 1, das 9 ás 14 horas, de luns a venres. (Tfno: (986) 86 23 63 e fax: (986) 84 79 41).

Presentación de proposicións: deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (986) 84 79 41 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar nun acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario

Provincial-Rebullón ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte día a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 11 de marzo de 1998.

Alfredo García Iglesias

Director xerente do Complexo Hospitalario

Provincial de Pontevedra-Psiquiátrico Rebullón

2723