Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, con procedemento aberto, para a contratación de 9 helicópteros con destino á prevención e extinción de incendios forestais durante os anos 1998, 1999 e 2000.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: contratación de 9 helicópteros con destino á prevención e extinción de incendios forestais durante os anos 1998, 1999 e 2000.

2.2. Prazo de execución: anos 1998, 1999 e 2000.

3. Orzamento base licitación:

Importe total: 1.367.930.000 pesetas, IVE incluído.

4. Fianza provisional:

2% do orzamento da contrata (27.358.600 ptas.).

5. Fianza definitiva:

4% do orzamento da contrata (54.717.200 ptas.).

6. Clasificación esixida:

Grupo III, subgrupo 9, categoría D.

7. Documentación e información:

7.1. Documentación:

a) Entidades: Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños, nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Data límite de presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que cómpre presentar: a sinalada no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños, nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo primeiro día natural, que non coincida en sábado ou festivo, a partir do seguinte ó do peche do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 1998.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

3081