Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. A Garrida III.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 35 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 112 da L.M.T. Balaídos-Vincios ata o C.T. que se proxecta na Garrida III, concello de Vigo. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T. aero-subterráneo, de 75 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo RV e 30 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo R.Z., sobre apoio de formigón.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 16 de marzo de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
2570