Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/121-2, 4846 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 27000 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Lamas e Os Cangos. Ribeira de Piquín.

Situación: Ribeira de Piquín.

Descricións técnicas: L.M.T. en conductor LA-56 sobre torres metálicas, illamento nivel II. C.T. intemperie sobre torres metálicas tipo C-3000/14 con relación transformación 20.000/380-220 V. L.B.T. en conductores R.Z.-95 e R.Z.-50 sobre apoios de formigón, acometidas en conductor R.Z. 4x25 Al.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 16 de marzo de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2655