Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.627

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1998 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería química, do departamento de Enxeñería Química, a José Luis Alonso González (praza 44/1997).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 30 de abril 1997 (BOE do 22 de maio) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería química, do departamento de Enxeñería Química, a prol de José Luis Alonso González, con documento nacional de identidade número 35.559.988, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Luis Alonso González profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería química, do departamento de Enxeñería Química.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencio

so-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOE.

Vigo, 17 de marzo de 1998.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

2567