Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.626

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.- Orde do 16 de febreiro de 1998 pola que se regula o réxime de subvencións ás centrais sindicais para o ano 1998.

Advertidos erros na referida orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 51, do luns 16 de marzo

de 1998, cómpre face-las seguintes correccións; así:

-Na páxina 2.595, no artigo 3 da orde, onde di: «dos orzamentos prorrogados...», debe dicir: «do proxecto de orzamentos».

-Na páxina 2.596, no artigo 9 da orde, onde di: «de liberdade social...», debe dicir: «de liberdade sindical».

-Na páxina 2.596, no artigo 15, onde di: «cada solicitante deberá ir acompañada...», debe dicir: «cada solicitude deberá ir acompañada...».

-Na páxina 2.597, no artigo 19, onde di: «unha vez concedida e logo do seu pagamento...», debe dicir: «unha vez concedida e precedendo o seu pagamento...».

No artigo 19, apartado a), onde di: «con poder suficiente para o efecto ou que deberá acreditarse...», debe dicir: «con poder suficiente para o efecto o que deberá acreditarse...».

-Na páxina 2.597 da orde, no artigo 20, onde di: «antes do 10 de febreiro de 1998...», debe dicir: «antes do 10 de febreiro de 1999...».

3043