Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 07 de abril de 1998 Páx. 3.612

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTES

ANUNCIO.

No BOP da Coruña, número 60, do 14 de marzo de 1998, aparecen publicadas integramente as bases da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de administrativo de Administración xeral, polo sistema de concurso-oposición libre, incluída na oferta de emprego público de 1997.

1. Presentación de instancias: dirixidas ó alcalde-presidente do Concello de Outes (A Coruña) no rexistro xeral deste concello ou na forma prevista no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Prazo de presentación: vinte días naturais contados a partir do seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios relativos á convocatoria se publicarán no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios do concello.

En Outes, 18 de marzo de 1998.

Carlos E. López Crespo

Alcalde

3016