Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 07 de abril de 1998 Páx. 3.612

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (243/1997).

Anúnciase que o Concello Pleno en sesión ordinaria celebrada o día 16 de febreiro de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

O Concello Pleno, por vinteún votos a favor e seis abstencións do BNG, acordou:

1. Resolución de alegacións:

-Rexeita-la alegación presentada por Manuel Fernández Salgado.

-Estimar parcialmente a alegación presentada por José Rábade Villar, no que se refire á rectificación dos erros materiais que figuran no proxecto, segundo informe técnico do 21 de novembro de 1997.

-Estima-la alegación de Albino Pérez Rodríguez, no sentido indicado no informe técnico do 21 de novembro de 1997 e rexeitala en todo o demais, e

2. Logo de informe favorable da CPTOPV, apróbase definitivamente a modificación puntual dos sectores urbanos SU 31 zonas 5 e 6, SU 32 zona 2 e SU 3 rede viaria, para implantación dunha ponte sobre o río Miño.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ourense, 20 de febreiro de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

2432