Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 07 de abril de 1998 Páx. 3.610

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 11 de marzo de 1998, aprobouse a contratación das subministracións que a continuación se relacionan. Para tal efecto publícase o seguinte anuncio de licitación.

Subministración: equipamentos informático do novo centro de servicios municipais.

Orzamento: 26.100.000 ptas.

Subministración: equipamento informático de postos de traballo no novo centro de servicios municipais.

Orzamento: 10.400.000 ptas.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto:

As subministracións antes sinaladas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Os sinalados anteriormente.

5. Garantías.

Provisional: 522.000 e 208.000 pesetas, respectivamente.

Definitiva: 1.044.000 e 416.000 pesetas, respectivamente.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación.

b) Domicilio: Quiroga Ballesteros, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Teléfono: 29 71 43.

e) Telefax: 29 71 03.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Outros requisitos: os sinalados nos pregos.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais

contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada nos pregos de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Praza Maior, 1.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d)Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores consideren convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Praza Maior,1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o seguinte día hábil, agás sábado posterior ó prazo de remate das proposicións. No suposto de recibirse regulamentariamente aviso de presentación de proposicións por correo, a apertura pospoñeríase ata a recepción destas e , como máximo, ó undécimo días hábil posterior ó remate do prazo de presentación.

10. Outras informacións: as que se recollen nos pregos de condicións e no teléfono indicado no apartado 6-d).

11. Gastos de anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 18 de marzo de 1998.

Joaquín Mª García Díez

Alcalde

Jose A. Mourelle Cillero

Vicesecretario habilitado

3025