Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 07 de abril de 1998 Páx. 3.599

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 21/94).

Visto o expediente incoado pola empresa Hidroeléctrica de Laracha, S.A., con enderezo social en Tre. Xral. Goméz Zamalloa, 9-1º, estudio 6 15005 A Coruña para autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que seguen:

-Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, no lugar de Xesteira, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 311 m de lonxitude. Municipio de Laracha.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características

se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 26 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

1988