Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 07 de abril de 1998 Páx. 3.598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Viriato, S.A. no concello de Ordes (A Coruña), e se inclúe no réxime especial creado polo R.D. 2366/1994. (Expediente C/4537).

Vistos os escritos e a documentación presentados pola empresa Viriato, S.A., con domicilio para efectos de notificacións en Xeneral Mola, 21 Ordes (A Coruña), esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.- O día 18 de agosto de 1997 a citada empresa, titular dunha fábrica de xéneros de punto, solicitou a autorización administrativa e o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxías renovables, para

a planta de coxeración que ten previsto instalar na súa planta do municipio de Ordes. Xuntáselle á dita solicitude o preceptivo anteproxecto das instalacións, o estudio dos rendementos enerxéticos acadables e de aforro de enerxía que se conseguirá coa posta en servicio das instalacións proxectadas, e o resto da documentación á que fai referencia o artigo 5.4º do citado R.D. 2366/1994.

As características técnicas básicas da planta de coxeración son as seguintes:

-Un motor de combustión interna alternativo, funcionando con gasóleo, cunha potencia mecánica de 1.165 kW.

-Un xerador síncrono trifásico de 1.100 kVA, tensión de xeración 6 kV, factor de potencia 0,96.

-Un centro de transformación 20/6 kV, cun transformador de 1.500 kVA e un trafo para servicios auxiliares de 400 kVA, y R.D.T. 6/0,4 kV.

-Instalacións complementarias de aproveitamento da calor, almacenamento de combustible e protección, control, sinalización e medida na parte eléctrica.

Segundo.- De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña dictou Resolución do 8 de setembro de 1997 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 14-10-1997 e no BOP da Coruña do 14-10-1997, sen que se presentase no período legalmente establecido para iso ningunha alegación.

Tercero.- A solicitude obxecto deste expediente recibiu informe favorable da Delegación Provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio, 292/1995, do 3 de novembro e 187/1997, do 3 de xullo, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real decreto 2366/1944, do 9 de decembro, aplicables a este expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.- A planta de coxeración proxectada supera os rendementos enerxéticos mínimos que para o tipo de combustible se establecen no anexo do citado R.D. 2366/1994.

Terceiro.- No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autorizarlle a instalación dunha planta de coxeración á empresa Viriato, S.A., que se situará nas instalacións da factoría que a dita empresa ten en Ordes (A Coruña).

Segundo.-Recoñecerlle á planta de coxeración autorizada a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2366/1994, e incluíla no grupo d) do Art. 2 do dito Real decreto.

Como requisito necesario para a aplicación do réxime especial á dita instalación, a citada empresa deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica no Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo do 1995 (Diario Oficial de Galicia do 14-7-1995), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no Art. 11 do R.D. 2366/1994, e presenta-la documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da citada orde.

O promotor presentará ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de A Coruña, no prazo dun ano contado a partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, o cal conterá os datos e condicións técnicas para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa enerxía eléctrica na zona, así como o punto de interconexión.

Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario, perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

1746