A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicadas no Diario Oficial de Galicia.
Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable pola Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,
DISPÓN:
Artigo único.
1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería que se relacionan no anexo.
2. Estos prezos entenderanse, se é o caso, co IVE incluído.
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1997.
Jesús Pérez Varela
Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo
ANEXO
Juan Martínez de la Colina. Autorreferencias: 1.500 ptas.
Memoria de Antígona: 1.750 ptas.
Teatro, música e danza de Galicia 1998: 850 ptas.
Miguel Carballo (Dez anos): 800 ptas.
Maika Novoa: 800 ptas.
Olga Martínez: 800 ptas.
Jesús Otero-Yglesias: 800 ptas.
Manuel Facal. Obra gráfica: 1.500 ptas.
Administracións autonómicas e museos: cara a un modelo racional de xestión: 1.000 ptas.
Real Audiencia de Galicia: xulgado da protectoría do voto do Apóstolo Santiago. Catálogo documental: 2.000 ptas.
La Rioja e o Camiño de Santiago. Estudio histórico y jurídico: 2.000 ptas.
De Santiago e dos camiños de Santiago: 2.500 ptas.
2767