Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 06 de abril de 1998 Páx. 3.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do concurso aberto para a contratación da asistencia técnica para a execución dos traballos de revisión de oficio de recibos do imposto sobre bens inmobles en vía executiva e práctica de liquidacións deste imposto por procedemento de ingreso directo.

1. Entidad adxudicante

Organismo: Concello de Vigo.

Dependencia: Administración de Tributos, Patrimonio e Contratación.

Número de expediente: 30700/510.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: asistencia técnica para a execución dos traballos de revisión de oficio de recibos do imposto sobre bens inmobles en vía executiva e práctica de liquidacións deste imposto.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo do contrato: durante o ano 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 4.000.000 de ptas.

5. Garantias.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do prezo de contrato.

6. Obtención da documentación e información.

Rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono: (986) 81 01 48, fax: (986) 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos especificos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira en calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 13/1995.

A solvencia técnica acreditarase mediante a presentación de certificados que acrediten a execución de contratos con obxecto similar ó presente e a acreditación da titulación mínima esixida para o persoal que executará os traballos de acordo co disposto na cláusula IV do prego de condicións técnicas.

8. Presentación de ofertas.

Data límite: 13 días naturais seguinte á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas, entidade, domicilio e localidade.

Secretaría Xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n 36202 Vigo.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións.

O modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusula 11.4 do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 9 de marzo de 1998.

José Antonio Gil Sotres

Alcalde accidental do Concello de Vigo

3001