Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 03 de abril de 1998 Páx. 3.504

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE COMPENSACIÓN DO POLÍGONO PASEO DE LOS PUENTES-A CORUÑA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1998, da asemblea de propietarios, pola que se convoca poxa pública, con procedemento aberto, dunha parcela propiedade da xunta de compensación do devandito polígono.

Acordado pola xunta de compensación do polígono Paseo dem Los Puentes o alleamento dunha parcela do citado polígono, mediante poxa pública, e a aprobación do correspondente prego de condicións, anúnciase a licitación conforme as seguintes normas:

Obxecto e prezo tipo desta poxa: o alleamento da parcela propiedade da xunta de compensación que se relaciona a continuación:

Polígono do Paseo de Los Puentes: parcela número 10 do plano número 8 do proxecto de compensación que se corresponde coa parcela número 24 que aparece na escritura de modificación do proxecto de compensación datada o 26 de abril de 1996, edificable no subsolo e a uso público na superficie.

Superficie: 1.325,75 m.

Valoración parcela: 40.000 000 ptas. máis o IVE correspondente.

Usos: o permitido polo planeamento vixente.

Forma de presenta-los pregos: os pregos presentaranse en dous sobres pechados; un conterá a oferta económica, o outro a documentación administrativa, que levarán escrito no anverso o seguinte: «Proposición para optar á poxa da parcela número 10,

propiedade da xunta de compensación do polígono Paseo de los Puentes (A Coruña)».

Constituirase un depósito como fianza provisional para poder tomar parte na poxa do 2% (dous por cento) do tipo de licitación, admitíndose a dita fianza en calquera das formas establecidas no artigo 36 da Lei de 1995, de contratos das administracións públicas.

As garantías en metálico ou valores constituirase na conta 0182 2503 41 001 200457-5 que a xunta de compensación ten aberta ó seu nome no Banco Bilbao Vizcaya, co enderezo no Cantón pequeno números 18-21 (15003) A Coruña).

Os avais presentaranse no enderezo social da xunta de compensación, r/ Menéndez y Pelayo, número 1 15005 (A Coruña), para a súa incorporación directa ó expediente.

Prazo de exposición ó público: durante os vinteseis días de prazo para a presentación de pregos estará de manifesto o expediente para ser examinado polo público no enderezo da xunta de compensación.

Apertura de pregos: a mesa de contratación cualificará os documentos presentados a tempo en forma e procederá en acto público á apertura das ofertas admitidas, que terá lugar na sede da xunta de compensación ás 19 horas do quinto día hábil seguinte ó transcurso do prazo de licitación que, no caso de resultar sábado, se entenderá prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

Pagamento: o pagamento do resto do prezo de adxudicación farase efectivo nos dous meses seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación definitiva.

Feito o ingreso, o adxudicatario entrará na posesión do terreo edificable.

A Coruña, 25 de marzo de 1998.

Ramón Bello Landeira

Vicepresidente do Consello Rector da Xunta de Compensación Polígono Paseo de Los Puentes