Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 03 de abril de 1998 Páx. 3.503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión celebrada o día 23 de xaneiro de 1998, resolveu as alegacións presentadas ós traballos de revisión do Plan Xeral de Ordenación Urbana de deste municipio de Vilagarcia de Arousa, no período de información pública, e acordou a apertura dun novo período de

información pública, recollendo na cartografía as correccións oportunas conforme a resolución das alegacións e adaptando os traballos da revisión á nova Lei 1/1997, do solo de Galicia, todo iso conforme o establecido no artigo 43 da citada Lei 1/1997, do solo de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que, durante o prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, estarán expostos ó público os traballos de revisión do Plan Xeral de Vilagarcía de Arousa, podendo os interesados presentar alegacións ou reclmacións dentro do mesmo prazo, todo iso de conformidade co establecido no artigo 42.1º e 43 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Vilargarcía de Arousa, 25 de febreiro de 1998.

Joaquín J. Gago López

Alcalde

2902