Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 03 de abril de 1998 Páx. 3.500

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO da aprobación inicial do plan especial de protección do espacio natural de Cabo Udra.

Aprobado inicialmente polo Pleno deste Concello, en sesión celebrada o día 6-3-1998, o plan especial de protección do espacio natural de Cabo Udra; de conformidade co establecido no artigo 42 da Lei do solo de Galicia, exponse ó público o expediente polo período dun mes, contado a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para efectos de que, durante o dito prazo, se

poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes.

O expediente poderá ser examinado nas dependencias de Secretaría, de 8 a 14 horas en días hábiles, agás sábados que será de 9.30 a 13 horas.

Bueu, 18 de marzo de 1998.

Xosé Novas Piñeiro

Alcalde

2971