Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 03 de abril de 1998 Páx. 3.492

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por concurso con tramitación urxente, da obra que se cita. (Expediente PO-13-08-98-01).

A) PO-13-08-98-01.Instalacións pesqueiras e de uso xeral en San Vicente do Mar (O Grove).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Ente Público Portos de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente:

Número de expediente: Clave: PO-13-08-98-01

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: instalacións pesqueiras e de uso xeral en San Vicente do Mar (O Grove).

a) División por lotes e número.

b) Lugar de execución: O Grove.

c) Prazo de execución: nove (9) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 133.571.357 Ptas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 5.342.854 Ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Ente Público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5A , 6º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707

d) Teléfono: 54 53 22

e) Telefax: 54 53 24

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo F, subgrupo 1, categoría D. Grupo F, subgrupo 3, categoría D. Grupo F, Subgrupo 6, Categoría D.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 2.2.5. do prego de cláusulas administrativas particulares.

c)Lugar de presentación:

1ª. Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro do Ente Público Portos de Galicia

2ª. Domicilio: praza de Europa, 5 A - 6º

3ª. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707 (ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo perante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: admítense variantes.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Ente Público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A - 6º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente del Ente Público Portos de Galicia.

2479