Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 03 de abril de 1998 Páx. 3.489

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia contratación polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración de productos alimenticios para o Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Redondela.

De conformidade co establecido na Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo seguinte concurso:

* Obxecto: subministración de productos alimenticios para o Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Redondela.

* Orzamento do contrato:

-Partida I (aceites): 1.356.525 ptas. (un millón trescentas cincuenta e seis mil cincocentas vintecinco pesetas).

-Partida II (varios): 1.547.660 ptas. (un millón cincocentas corenta e sete mil seiscentas sesenta pesetas).

-Partida III (bebidas): 293.325 ptas. (duascentas noventa e tres mil trescentas vintecinco pesetas).

-Partida IV (embutidos): 774.672 ptas. (setecentas setenta e catro mil seiscentas setenta e dúas pesetas).

-Partida V (conservas): 621.722 ptas. (seiscentas vinteúnha mil setecentas vintedúas pesetas).

-Partida VI (azucre): 103.068 ptas. (cento tres mil sesenta e oito pesetas).

-Partida VII (croissants): 147.649 ptas. (cento corenta e sete mil seiscentas corenta e nove pesetas).

-Partida VIII (pan e bolos): 1.197.593 ptas. (un millón cento noventa e sete mil cincocentas noventa e tres pesetas).

-Partida IX (ovos frescos): 126.534 ptas. (cento vinteseis mil cincocentas trinta e catro pesetas).

-Partida X (ovo líquido): 381.904 ptas. (trescentas oitenta e unha mil novecentas catro pesetas).

-Partida XI (lácteos): 1.485.181 ptas. (un millón catrocentas oitenta e cinco mil cento oitenta e unha pesetas).

-Partida XII (derivados lácteos): 558.234 ptas. (cincocentas cincuenta e oito mil dúascentas trinta e catro pesetas).

-Partida XIII (iogures): 322.497 ptas. (trescentas vintedúas mil catrocentas noventa e sete pesetas).

-Partida XIV (peixe conxelado): 3.055.456 ptas. (tres millóns cincuenta e cinco mil catrocentas cincuenta e seis pesetas).

-Partida XV (verduras e outros conxelados): 2.032.119 ptas. (dous millóns trinta e dúas mil cento dezanove pesetas).

-Partida XVI (carne fresca): 4.187.802 ptas. (catro millóns cento oitenta e sete mil oitocentas dúas pesetas).

-Partida XVII (polos e aves frescos): 1.714.804 ptas. (un millón setecentas catorce mil oitocentas catro pesetas).

-Partida XVIII (varios de bolería): 1.083.758 ptas. (un millón oitenta e tres mil setecentas cincuenta e oito pesetas).

-Partida XIX (patacas e cebolas): 422.497 ptas. (catrocentas vintedúas mil catrocentas noventa e sete pesetas).

* Condicións de licitación:

1. Prazo de execución: desde a data de adxudicación ata o 31 de decembro de 1998.

2. Admisión de variantes: non se admitirán variantes ou alternativas na subministración.

3. Garantía provisional: non se esixe.

4. Forma de adxudicación: concurso, procedemento aberto e trámite de urxencia.

5. Clasificación: non se esixe.

6. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no Art. 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995 do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

7. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no Art. 18 da Lei 13/1995.

8. Criterios de adxudicación:

-Calidade.

-Prezo.

-Execución a plena satisfacción de servicios semellantes.

-Que a empresa teña no seu cadro de persoal un número de traballadores minusválidos non inferior ó 2% nos termos establecidos na disposición adicional 8 da LCAP.

9. Documentación que presentarán os licitadores: a esixida na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo (rúa Cánovas del Castillo, s/n), durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, en días hábiles agás sábados. Así mesmo, poderán examinarse no Servicio de Administración e Xestión Económica da Dirección Xeral de Servicios Sociais e nos Servicios de Xestión Económica das restantes delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

11. Presentación de proposicións: efectuarase no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo, en sobres pechados en horario de 9 a 14 horas, ou ben por correo con xustificación da data de imposición e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

12. Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

13. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra en Vigo. Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o día hábil seguinte á mesma hora.

14. Os gastos derivados deste anuncio serán por conta das empresas adxudicatarias.

Vigo, 18 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 22-5-1996)

Jorge García-Borregón Millán

Delegado provincial de Pontevedra

2606