Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 03 de abril de 1998 Páx. 3.479

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 27 de marzo de 1998 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nesta consellería.

De conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e, 3/1995, do 10 de abril,

e artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da referida lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral desta consellería (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto.-Os/as aspirantes deberán entregar xunto á petición un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira que se sinala no punto anterior non serán tidos en conta.

Quinto.-No caso de que resulten seleccionados/as para ocupa-los postos de traballo que se relacionan no anexo I desta orde, funcionarios/as con destino noutras administracións, requirirase o informe favorable do departamento onde preste servicios, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince días, segundo o disposto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, podendo, de considerarse oportuno, declararse desertos os postos de traballo.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior está na mesma localidade cá do novo, ou dun mes se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó

da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ó da publicación da resolución.

Oitavo.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 1998.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda

ANEXO I

Código: OT.C99.10.000.15001.083.

Denominación do posto de traballo: xefe de Servicio de Urbanismo e Arquitectura.

Centro directivo: delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Localidade: A Coruña.

Corpo ou escala: A3-Admón. xeral/Esp.

Grupo: A/B.

Nivel: 28.

Específico: 1.376.844.

Formación específica: 058. Coñecementos urbanismo.

Código: OT.C99.10.000.32001.071.

Denominación do posto de traballo: xefe de Servicio de Urbanismo e Arquitectura.

Centro directivo: delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Localidade: Ourense.

Corpo ou escala: A/B.

Nivel: 28.

Específico: 1.376.844.

Formación específica: 058. coñecementos urbanismo.

Código: OT.C99.10.000.36001.083.

Denominación do posto de traballo: xefe servicio de Urbanismo e Arquitectura.

Centro directivo: delegación provincial da Consellería de Politica Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Localidade: Pontevedra.

Corpo ou escala: A3-Admón xerral/Esp.

Grupo: A/B.

Nivel: 28.

Específico: 1.376.844.

Formación específica: 058. coñecementos urbanismo.

2814