Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 03 de abril de 1998 Páx. 3.478

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1998 pola que se convocan dúas bolsas de investigación para o Instituto da Lingua Galega.

O Instituto da Lingua Galega convoca dúas bolsas de investigación para o proxecto de «Base de datos lexicográfica do galego moderno».

1. Duración.

A bolsa terá unha duración dun ano, con posibilidade de renovación.

2. Dotación económica.

A dotación económica será de 65.000 ptas. mensuais.

Para atende-lo gasto que supón a bolsa existe crédito suficiente na aplicación 6025.CI136.64200 do orzamento vixente.

3. Requisitos.

Poderán optar á bolsa tódolos cidadans da Unión Eurpoea, maiores de idade e con plena capacidade para obrar, que reúnan os seguintes requisitos:

a) Seren licenciados universitarios na especialidade de filoloxía hispánica (subsección galego-portugués), filoloxía románica (especialidade galaico-portugués) ou traducción (con galego como lingua A).

b) Teren nota media igual ou superior a 2 puntos nos tres últimos anos de carreira ou sobresaliente no grao de licenciatura. A media calcularase dividindo o total de puntos polo número de convocatorias, tendo en conta que aprobado vale 1 punto, notable 2 puntos, sobresaliente 3 puntos e matrícula de honra 4 puntos.

c) Non seren traballadores por conta propia ou allea, non recibiren remuneración de ningún tipo ou gozaren dunha bolsa ou axuda semellante.

4. Solicutdes.

Os solicitantes entregarán na sede do Instituto da Lingua Galega (Praza da Universidade 4, Santiago de Compostela), dentro do prazo de dez días contados a partir da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, a seguinte documentación:

-Instancia de solicitude dirixida ó director do Instituto da Lingua Galega.

-Certificado de estudios que acredite a titualción universitaria, as cualificacións obtidas e o número de convocatorias consumidas en cada unha das materias dos tres últimos cursos da licenciatura.

-Currículum vitae con indicación dos estudios, activiades, publicacións e outros méritos xunto coa documentación acreditativa de tódolos méritos que se aleguen.

-Declaración xurada de non desempeñar actividade profesional remunerada por conta propia ou allea, nin gozar de bolsas ou axudas equiparables a convocada.

5. Tribunal.

O tribunal estará composto polo vicerrector de Investigación ou persoa delegada, e polos seguintes membros do ILG: o director, o secretario, un membro do Consello Científico e un representante dos bolseiros.

6. Selección dos bolseiros.

A selección dos bolseiros será realizada polo tribunal, que fará unha valoración dos méritos achegados. Ademais do expediente académico, tomaranse en consideración outras titulacións, os estudios de terceiro ciclo, a experiencia investigadora, publicacións e outros méritos que se aleguen. Valorarase de maneira especial a experiencia en proxectos de investigación e as publicacións relacionadas con xeografía lingüística, dealectoloxía, lexicografía e lixicoloxía. De consideralo necesario, o tribunal poderá facerlles unha entrevista ós candidatos preseleccionados.

7. Nomeamento.

Os bolseiros serán nomeados polo rector de acordo coa proposta do tribunal. Os bolseiros seleccionados deberán presentarse na sede do Instituto da Lingua Galega dentro dos dez días seguintes ó da notificación da súa selección.

8. Incidencias.

A solicitude de bolsas implica o ceñecemento e aceptación das presentes bases.

A condición de bolseiro non dará lugar a relación laboral nin administrativa coa Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1998.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

2828