Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 02 de abril de 1998 Páx. 3.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de urxente ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 128/1996).

De conformidade co disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1996, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas aprobado polo Decre

to 2619/1996, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na Avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a declaración de urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica a 20 kV con orixe na liña de media tensión San Fins de Sales, e final no centro de transformación que se vai instalar no lugar de Torre-Matelo, concello de Vedra (expediente 128/1996), da que con data 31 de maio de 1997 se outorgou a declaración de utilidade pública.

En consecuencia, calquera persoa, dentro do prazo de quince días seguintes ó da presente publicación, e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practicará notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria, poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso; solicitar datos para a identificación dos bens que se afectan; e formular, mediante escrito ante esta delegación, alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do citado decreto.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 3 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña