Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 02 de abril de 1998 Páx. 3.431

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

EDICTO do 9 de marzo de 1998, da Delegación Territorial da Coruña, polo que se fan públicas as notificacións a diversos contribuíntes (José Antonio López de Alba e cento vinte máis) das liquidacións practicadas.

Non sendo atopados nos domicilios coñecidos por esta delegación e, por conseguinte, sen se poder

levar a efecto a notificación pretendida ós contribuíntes que de seguido se relacionan, por medio do presente edicto notifícaselles que, no prazo que se indica seguidamente, determinado no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación -aprobado polo Decreto 1684/1990, do 20 de decembro-, efectúen no Tesouro da Facenda galega o ingreso da débeda tributaria polas liquidacións practicadas ós devan

ditos interesados e correspondentes ós impostos, anos e contías que se citan.

Prazos para efectua-lo ingreso.

Tendo en conta que a notificación se dá por efectuada o día da publicación do presente edicto no DOG e en virtude do disposto no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación:

A) Se a publicación se realiza entre os días 1 e 15, ambos inclusive, o prazo comprenderá ata o día 5 do mes seguinte, inclusive, ou no inmediato hábil posterior.

B) Se a publicación se realiza entre os días 16 e último do mes, inclusive, o prazo comprenderá ata o día 20 do mes seguinte, inclusive, ou o inmediato hábil posterior.

C) As débedas non pagadas no período voluntario faranse efectivas por vía de constrinximento, de acordo co artigo 97 do invocado regulamento.

Formas de realiza-lo ingreso.

Mediante obriga de pagamento en calquera banco ou caixa de aforros autorizados (entidades colabo

radoras) da delegación que practica esta liquidación.

Na caixa desta delegación:

1) En metálico.

2) Por cheque ou talón de conta corrente bancaria ou de caixa de aforros, conformado.

Recursos contra a liquidación.

-De reposición, no prazo de quince días a partir do seguinte ó da publicación do presente edicto, ante o Servicio de Xestión Tributaria da Delegación de Economía e Facenda.

-Reclamación económico-administrativa, no mesmo prazo, perante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia. No caso de que presentase recurso de reposición, este prazo entenderase desde o día no que se notificase, expresa ou tacitamente, a resolución do dito recurso.

A Coruña, 9 de marzo de 1998.

P.S.

Enrique Fernández Arias

Secretario territorial da Coruña