Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 01 de abril de 1998 Páx. 3.359

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (210/1997).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión do día 12 de febreiro de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1º.- Aprobar inicialmente o proxecto de compensación da zona 3 do SU-38 de Ourense, por instancia de María Luisa Lloves Boo en representación de Herederos de Tomás Valente C.B.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 19 de febreiro de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

2364