A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño) convoca os seguintes concursos:
Expediente 20/1998.
1. Obxecto: servicio de mensaxería ordinario e urxente.
2. Orzamento: 4.500.000 ptas., IVE incluído.
Expediente 21/1998.
1. Obxecto: servicio de transporte de material do almacén.
2. Orzamento: 3.300.000 ptas., IVE incluído.
3. Prazo de execución: inmediato desde a data de formalización do contrato.
4. Admisión de variantes: admitiranse variantes que cumpran as condicións do prego de prescricións técnicas.
5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.
6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.
7. Clasificación: non se esixe.
8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei
13/1995, do 18 de maio. BOE nº 119, do 19 de maio).
9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas. (BOE nº 119, do 19 de maio)
10. Criterios de adxudicación:
-Características funcionais do servicio: ata 4 puntos.
-Condicións económicas: ata 3 puntos.
-Prestacións e servicios adicionais ós esixidos como mínimos: ata 2 puntos.
-Achegas relativas as normas e controis de calidade: ata 2 puntos.
11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódense solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22, 36204 Vigo, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas ou ó teléfono (986) 81 60 23 e fax (986) 81 60 65.
12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do estado.
13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas descritas no PCAP.
14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.
15. Anuncios: o importe dos anuncios dos presentes concursos públicos será por conta dos adxudicatarios dos contratos.
Vigo, 4 de marzo de 1998.
José Manuel González Álvarez
Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo
2526