Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 01 de abril de 1998 Páx. 3.350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 1998 pola que se anuncia concurso público de ideas para a redacción dun proxecto de vivendas sociais para xoves, no barrio de Outeiro, da zona vella de Cangas.

Obxecto: o Instituto Galego da Vivenda e Solo, no seu interese pola recuperación da zona vella, fai convocatoria de concurso público de ideas co fin de selecciona-la proposta que sirva de base ó correspondente proxecto para a construcción de vivendas sociais destinadas á poboación xove, no barrio de Outeiro, no ámbito do Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) da zona vella de Cangas.

Concursantes: poderán tomar parte neste concurso tódolos arquitectos que se atopen colexiados no momento da súa inscrición en calquera dos colexios oficiais de arquitectos de España. Os concursantes poderán participar sós ou en equipos.

Os concursantes non se atoparán incursos en ningún dos supostos recollidos na Lei 53/1984, do 26

de decembro, sobre incompatibilidades do persoal ó servicio da Administración pública. Tampouco poderán estar incursos en ningún dos supostos de prohibicións en relación coas administracións públicas, previstas no artigo 20 da Lei de contratos das administracións públicas, e concretamente acreditarase que se atopan ó día no cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social, impostas polas disposicións vixentes.

Bases: a partir do día seguinte ó da publicación do correspondente anuncio no DOG poderán ser retiradas as bases do concurso nas catro xefaturas das áreas provinciais do IGVS, nos servicios centrais do IGVS no polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela, e no Concello de Cangas.

Inscrición: o prazo de inscrición dos concursantes rematará ós quince días naturais seguintes ó da data da publicación do anuncio no DOG.

A solicitude de inscrición formalizarase en escrito dirixido ó director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e deberá xuntárselle a seguinte documentación: resgardo de ter efectuado o ingreso de 5.000 ptas. en concepto de custo da documentación administrativa; documentación acreditativa da personalidade do concursante e do colexio oficial ó que pertence; documentación do órgano competente que acredite que o concursante se atopa ó día no cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes; así como domicilio para os efectos de notificación.

Lista de admitidos: o IGVS publicará no prazo de sete días hábiles, contados a partir da data en que remata o período de inscrición no taboleiro de anuncios do IGVS en Santiago de Compostela, sito no polígono das Fontiñas, a lista de presentados en tempo e forma. Darase conta dela ó Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

A tódolos concursantes admitidos remitiráselles, no prazo de sete días hábiles, a documentación necesaria para o desenvolvemento dos traballos.

Premios: o presente concurso estará dotado cos seguintes premios:

1º premio: un millón de pesetas (1.000.000 de ptas.), e o encargo do proxecto básico e de execución e da dirección de obra da edificación.

2º premio: cincocentas mil pesetas (500.000 ptas.).

3º premio: trescentas mil pesetas (300.000 ptas.).

O importe dos premios farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 607.00.00 do vixente orzamento de gastos.

Prazo: o prazo de entrega dos traballos rematará o día 19 de xuño de 1998. As propostas poderán presentarse no rexistro xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sito na Área Central, polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela, nas catro xefaturas provinciais do IGVS, ou nas oficinas previstas

no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 1998.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

2489