Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. A Malata.
Situación: Ares (A Coruña).
Características técnicas: derivada de liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 10 m de lonxitude, con orixe na liña denominada Limodre e final no C.T. A Malata-Ares, que se vai instalar.
Paso a liña subterránea, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x95) mm, de 100 m de lonxitude entre os apoios números 57 e 59 da liña a Limodre (Expediente 26092).
Centro de transformación intemperie sobre apoio de formigón de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 5 de marzo de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
2456