Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 01 de abril de 1998 Páx. 3.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1998 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, declarado de urxencia, a redacción do proxecto de IES A Carballeira, en Ourense.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. Obxecto do contrato.

2.1.a) Descrición do obxecto: IES A Carballeira en Ourense.

b) Prazo de execución ou data límite de entrega: 30 días.

c) Orzamento base de licitación.

Importe total: 3.967.352 ptas.

d) Fianza provisional: 2% do orzamento de contrata.

e) Clasificación: non é necesaria.

3. Obtención de documentación e información.

3.1. Información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (oficina información).

b) Domicilio: edificio Adtvo. San Caetano, s/n, e delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15704.

3.2. Documentación.

a) Teléfono: (981=) 59 26 00

b) Domicilio: r/ Rosalía de Castro, 45, Santiago de Compostela (A Coruña).

4. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2ª Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15704.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): ata a resolución de adxudicación do concurso.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten variantes económicas.

5. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de xuntas).

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o terceiro día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións; se coincide en día inhábil trasladarse ó seguinte día hábil.

e) Hora: a partir das 12 horas.

6. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

2352