Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 01 de abril de 1998 Páx. 3.341

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.- Resolución do 16 de marzo de 1998 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto, con trámite de urxencia, da asistencia técnica para a redacción do estudio informativo, cartografía e estudio do impacto ambiental da vía de alta capacidade de Pontevedra á autovía das Rías Baixas e á autoestrada Santiago de Compostela-Ourense. (Clave PO/98/1-G-20-1).

Advertidos erros no texto publicado da citada resolución, relativa á asistencia técnica redacción do estudio informativo, cartografía e estudio do impacto ambiental da vía de alta capacidade de Pontevedra á autovía das Rías Baixas e á autoestrada Santiago de Compostela-Ourense, de clave PO/98/1-G-20-1 publicada no Diario Oficial de Galicia número 56, de data 24 de marzo de 1998, cómpre face-las seguintes correccións:

1) Na páxina número 2.896, columna da esquerda, liña 21 onde di: «Fianza provisional: dous por cento (2%) do importe de contrata (1.542.349 ptas.).»,

debe dicir:«Fianza provisional: dispensada en virtude do artigo 77 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e do orde social, polo que se modifica o artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas».

2) Na páxina 2.896, columna da esquerda, liña 46 onde di:«As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares», debe dicir: «A xustificación da solvencia económica e financeira dos empresarios poderá acreditarse por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas».

«A xustificación da solvencia técnica ou profesional poderá acreditarse por calquera dos medios establecidos no artigo 19 da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas».

«Se posúe o licitador clasificación grupo I, subgrupo 1, quedará eximindo de presentación dos documentos ós que se refiren os parágrafos anteriores».

3) Na páxina 2.896, columna da dereita, liña 6 onde di: «Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría c», debe dicir: «Non se esixe clasificación por estar dispensada en virtude do artigo 77 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas, fiscais, administrativas e de orde social, polo que se modifica o artigo 25.1º da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas».

4) O prazo de admisión de proposicións rematará o día 18 de maio de 1998.

5) A apertura de proposicións realizarase na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o día 28 de maio de 1998, ás 11 horas.

6) Data de envío da corrección do anuncio: 26 de marzo de 1998.

7) Data de recepción da corrección do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 26 de marzo de 1998.

2387