Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 01 de abril de 1998 Páx. 3.273

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 1998 pola que se fai público o resultado do sorteo ó que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto na Resolución do 12 de marzo de 1998 da Consellería da Presidencia e Administración Pública (DOG nº 53, do 18 de marzo) e o establecido no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, o día 24 de marzo de 1998, no salón sito na última planta do edificio da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio de San Caetano, en Santiago de Compostela, e baixo a presidencia do director xeral da Función Pública, tivo lugar o sorteo ó que alude a citada resolución. Conforme o resultado deste, a orde de actuación dos aspirantes nos procesos de selección para o ingreso na Administración autonómica de Galicia que se deriven da oferta de emprego público correspondente ó ano 1998, comezará por aqueles nos que o primeiro apelido empece pola letra «B».

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

2637