Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 1998 Páx. 3.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 27 de marzo de 1998 pola que se cualifica a Sociedadee Cooperativa Lda. O Caxigo como agrupación de productores agrarios (APA), para a comercialización de leite de vaca.

Incoado expediente por O Caxigo, Soc. Coop. Lda. con domicilio social en Vián, s/n, A Pastoriza, 27286 Lugo, para a constitución no seu seo dunha agrupación de productores agrarios (APA), para a comercialización de leite de vaca, acollida ó Real decreto 280/1988, de 18 de marzo, e cumprindo os requisitos esixidos polo R(CE) 952/1997 do Consello, de 20 de maio, esta consellería,

ACORDA:

Cualificar como agrupación de productores agrarios para a comercialización de leite de vaca a O Caxigo, Soc. Coop. Lda., con ámbito territorial no concello da Pastoriza e as seguintes parroquias limítrofes:

Castro de Rei: Prevesos, Outeiro, Pacios.

Cospeito: Muimenta.

Abadín: Vilarente.

Riotorto: Aldurfe.

Pol: San Martín de Ferreiros.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 1998.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

2831