Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 1998 Páx. 3.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

INFORMACIÓN pública sobre solicitude de instalación eléctrica de ampliación da subestación de Cartelle, novo parque de 220 kV (Cartelle). (Expediente 95/90 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización para a ampliación da subtestación eléctrica de 400 kV cun parque de 220 kV que ten como características principais as que se sinalan a seguir:

Peticionario: Red Eléctrica de España, S.A., Conde de los Gaitanes, 177, La Moraleja, 28109 Alcobendas.

Localización: Cartelle.

Finalidade: unión das subestacións de Cartelle e maila de Castrelo.

Características principais: no parque de 400 kV prolónganse as barras 1 e 2 instalándose un transformador de tensión inductivo por barra. A rúa 2: futuro auto 1-auto 2 equiparase con 2 seccionadores pantógrafo de 420 kV, 3 seccionadores rotativos de 3 columnas e 420 kV, 2 interruptores de SF6, 6 transformadores de intensidade, 3 pararraios autoválvulas de 360 kV; instalarase un autotrafo de 400/220/24 kV e na zona de 220 kV un embarrado para o cerramento do terciario a 24 kV ó que se conectará un trafo para servicios auxiliares de 400 kVA e un grupo electróxeno de 400 kVA.

O parque de 220 kV construirase entre o edificio e maila rúa 1 do parque de 400 kV, en configuración de dobre barra cunha posición de auto e dúas posicións de liña (Castrelo e Pazos), con lugar para outras dúas liñas, un auto e un acoplamento. Elementos de seguridade, control e manobra, e fibra óptica para comunicacións.

Orzamento: 1.017.000.000 de ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o anteproxecto da instalación nesta delegación provincial (Curros Enríquez, 1-4ª, Ourense) e formulárense as reclamacións, por duplicado, que se coiden oportunas no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Ourense, 10 de marzo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

2829