Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 1998 Páx. 3.258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/43-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Lucí.

Situación: Teo.

Características técnicas: Liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-56 de 252 m de lonxitude, con orixe na liña Padrón-Iria-Ponte Ulla, derivacións a C.T. Ramallosa e final no C.T. Lucí, que se vai instalar. Centro de transformación intemperie, sobre apoio de formigón de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Lucí, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 370 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 6 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

2390