Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 1998 Páx. 3.254

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/22-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Carcasía, número 1.

Situación: Noia.

Características técnicas: derivada de liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 40 m de lonxitude, con orixe na liña Pontenafonso-Noia, tramo C.T. estrada Muros C.T. Tanxil (expediente 52616) e final no C.T. en r/ Carcasía número 1, que se vai instalar. Centro de transformación en baixo edificio de vivendas de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en r/ Carcasía, número 1. Noia.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

2422