Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 1998 Páx. 3.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/274-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Agudela-Piloño.

Situación: Vila de Cruces.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea núa, a 20 kV, de 15 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio 53 da L.M.T. Portodemouros-Cruces, rematando no C.T. que se proxecta en Agudela-Piloño, concello de Vila de Cruces. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 55 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoio de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 19 de febreiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

2346