Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.104

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO MUNICIPAL CORUÑA ESPECTÁCULOS

ANUNCIO do concurso para a prestación de servicios complementarios para o funcionamento do teatro municipal Rosalía de Castro, Fórum Metropolitano e Coliseum da Coruña.

O Consello de Administración do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), en sesión celebrada o día 20 de febreiro acordou optar polo sistema de concurso para a prestación de servicios complementarios para o funcionamento do Teatro Municipal Rosalía de Castro, Fórum Metropolitano e Coliseum da Coruña aprobando para o efecto o prego de condicións que haberá de rexelo, o cal quedará exposto ó público nas oficinas do IMCE, durante o prazo de oito días hábiles que determina o artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Simultaneamente, e para o caso de que non se presenten reclamacións contra el, anúnciase a licitación, de acordo coas seguintes condicións:

Obxecto: é obxecto deste concurso a contratación da prestación de servicios complementarios para o funcionamento do Teatro Muncipal Rosalía de Castro, Fórum Metropolitano e Coliseum da Coruña.

Tipo de licitación: o orzamento máximo é de 25.434.645 ptas. anuais (IVE incluído).

Garantías: para optar ó concurso haberá de constituírse previamente, por calquera dos medios que autoriza a Lei de contratos das administracións públicas unha fianza provisional de 508.693 ptas.

Clasificación esixida: grupo III, subgrupo 8, categoría a, segundo Orde do 31 de xaneiro de 1991.

Modelo de proposición: as proposicións presentaranse en dous sobres: sobre A «Documentación administrativa» e sobre B «Oferta económica, documentación técnica e memoria do servicio», axustándose este último ó seguinte modelo:

Don/a... con enderezo en... rúa de... número... provisto/a de DNI número..., actuando en nome propio (o en representación de...), informado/a do anuncio para contratar polo sistema de concurso a prestación de servicios complementarios para o funcionamento do Teatro Municipal Rosalía de Castro, Forum Metropolitano e Coliseum da Coruña, así como do prego de condicións regulador da licitación aceptando integramente o seu contido que me comprometo a acatar, formula proposición pola que opta a súa adxudicación polo prezo de... (IVE incluído).

En proba de aceptación destes compromisos deixa asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo adxunto.

Data e sinatura do propoñente.

Presentación de proposicións: presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral de entrada do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (Avda. Alfonso Molina s/n, edificio Coliseum), en man ou por correo, no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. No caso de resultar sábado, domingo ou festivo,o día de finalización deste prazo, quedará este automaticamente prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

Prego de condicións: poderán ser examinados e retirada copia nas oficinas do Instituto Municipal Coruña Espectáculos.

A Coruña, 23 de febreiro de 1998.

O presidente

Rubricado