Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.099

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LARACHA

EXPROPIACIÓN forzosa.-Colectores xerais e EDAR de Laracha.

1º O Pleno do Concello, en sesión extraordinaria plenaria celebrada o día 3 de marzo de 1997 aprobou o prego de bases para concurso de proxecto e contrucción de colectores xerais e EDAR de Laracha, redactado por José Antonio Serantes Barbeito, enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, cun orzamento total de douscentos cicuenta millóns de pesetas, comprometéndose a entrega-los terreos necesarios para a execución das obras. O proxecto expúxose ó público polo prazo de trinta días hábiles, logo da publicación no BOP número 60, do 14 de marzo, sen que se formulasen reclamacións.

2º O Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 25 de febreiro de 1998, estimou necesaria a realización da obra colectores residuais e EDAR, de acordo co proxecto técnico descrito e plano do enxeñeiro técnico agrícola Carlos Lamas Álvarez, considerando implícita a declaración de utilidade pública e necesidade de ocupación do inmoble da que a descrición concreta, individualizada e valorada se aproba e se describe no anexo deste acordo e de conformidade co disposto no artigo 52 da LEF e 58 do Regulamento e orde da Xunta de Galicia do 7 de decembro de 1983.

3º Ó propio tempo acordou na citada sesión:

A) Solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución das obras polos seguintes criterios:

a) Necesidade de recolle-los vertidos naqueles puntos onde se realizan para evita-los problemas de contaminación e salubridade existentes.

b) Elimina-las instalacións de depuración que incumpren a normativa vixente e que poden ser obxecto de sancións para o efecto.

c) Permiti-la construcción de instalacións adecuadas ó sistema de saneamento que se pretende construír cumprindo os obxectivos previstos na lexislación actual.

B) Somete-lo expediente a información pública durante un prazo de quince días.

4º En cumprimento dos acordos plenarios e de conformidade co disposto no artigo 4.1º d, da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, artigo 6.1º d, da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da administración local de Galicia, artigos 90 e 94 do R.D.L. 781/1986, do 18 de abril, 10, e 52 da Lei de expropiación forzosa, 10 e seguintes do Regulamento de Expropiación forzosa, Orde do 7 de decembro, da Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia e Decreto 324/1997, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, faise pulica a relación de propietarios e ben afectado poa execución das obras, coa relación que figura no anexo, para que dentro do prazo de quince días poidan formula-las alegacións que consideren oportunas.

ANEXO

Denominación predio: Os Petóns.

Situación: Formigueiro-Vilaño.

Superficie: 3.531 metros cadrados.

Valoración: 3.421.540 pesetas.

Propietarios: herdeiros de Dorinda García Grela.

Laracha, 26 de febreiro de 1998.

Jesús Rama Becerra

Alcalde

2043