Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.093

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 27 de febreiro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Olimpia.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Olimpia.

Cultivo: mexillón (M. galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 153 O Grove E.

Data da concesión: 8-3-1972.

Data do remate da última prórroga: 8-4-2002.

Anteriores concesionarios: Gómez Lijó, Gustavo (35.371.538) e Pérez Guillán, Rosa (35.370.418).

Novos titulares concesión: Gómez Pérez, Mª Sol (35.440.098) e Moraña Iglesias, José (76.856.809).

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como no cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 27 de febreiro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134, 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)

2253