Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/149-2, 4843 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Lousada, Guntín.

Descricións técnicas: L.M.T. de C.T. Lousada-A Granxa en conductor LA-56/54,6 mm lonxitude 168 metros, 20 kV de tensión sobre apoios metálicos. C.T. de 50 kVA intemperie relación 20.000/380-220 V, rede de baixa tensión 380-220 en Trenzado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 4 de marzo de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2311