Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.062

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a Fundación Hospital Verín de Ourense para o ano 1998.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Fundación Hospital de Verín (código 3200762) de Ourense, con entrada nesta Delegación Provincial de Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polo comité de empresa, na xuntanza celebrada o día 12-2-1998, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexisto e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial,

con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 5 de marzo de 1998.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo Fundación Hospital Verín 1998

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

As normas deste convenio regularán o persoal laboral que preste os seus servicios na Fundación Hospital Verín.

Artigo 2º.-Duración e vixencia.

O presente convenio terá unha duración dun ano contado desde o 1 de xaneiro de 1998, finalizando os seus efectos o 31 de decembro de 1998.

No caso de non estar publicado o 1 de xaneiro de 1998, retrotraeranse os seus efectos á dita data.

Entenderase prorrogado por períodos anuais salvo denuncia por unha das partes cunha antelación mínima de dous meses á data do seu vencemento.

Artigo 3º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse integramente na súa totalidade estrictamente ad personam aquelas condicións máis beneficiosas que teña o traballador concedidas pola empresa por pacto.

Artigo 4º.-Xornada laboral.

A xornada máxima anual será de 1.735 horas de traballo efectivo, unha vez desfrutadas as vacacións, a libranza semanal regulamentaria e as correspondentes os 14 días festivos. A dirección comprométese a entrega-las carteleiras anuais nos seguintes 15 días á sinatura deste convenio, levándose un control delas na comisión paritaria. A xornada nocturna seá de dez horas.

Artigo 5º.-Horas extraordinarias.

Procurarase efectua-las horas extras mínimas indispensables e, en todo caso, cos límites que determina o Estatuto dos traballadores.

No caso de que houbese horas extraordinarias, aboarase a contía determinada na lexislación laboral vixente ou compensaranse por tempo de descanso, dacordo co previsto no Real decreto 1561/1995.

A realización de horas extraordinarias é voluntaria e será o traballador o que realice a elección entre a compensación económica ou o descanso, manifestando a súa elección ó superior inmediato que o requira para a realización das horas extraordinarias. En todo caso a elección do descanso com

pensatorio verase supeditado á acumulación das horas suficientes para compensar cunha quenda completa.

Artigo 6º.-Remuneracións.

O persoal afectado por este convenio, segundo as categorías, rexerase pola táboa salarial anexa.

Coa aprobación deste convenio, os administrativos equiparanse no seu soldo base cos TEL e TER; a diferencia que había anteriormente entre o dito soldo base restarase do complemento de destino. Tamén ocorrerá cos auxiliares administrativos ó equipara-lo seu soldo base cos auxiliares de enfermería.

O incremento salarial para este convenio será o IPC fixado pola Comunidade Autónoma e sobre os seguintes conceptos: soldo base, antigüidade e complemento de destino.

Artigo 7º.-Antigüidade.

Todo o persoal afectado por este convenio percibirá un premio de antigüidade consistente no 7% do seu salario base por cada trienio cumprido desde a súa data de ingreso na empresa.

Para o recoñecemento a dita antigüidade non se computará o tempo que se pemaneza en situación de permiso sen soldo ou excedencia voluntaria.

Artigo 8º.-Pagas extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de xullo e decembro consistirán, cada unha delas, nunha mensualidade do salario base, incrementada coa antigüidade recoñecida.

As ditas gratificacións aboaranse antes do 25 de xullo e do 25 de decembro.

Os traballadores que desfruten dun permiso sen soldo no período de cálculo das ditas gratificacións verán minguadas as cantidades que vaian percibir na parte proporcional á duración do dito permiso.

Artigo 9º.-Plus de nocturnidade.

Establécese un plus de nocturnidade na contía seguinte:

Posto de traballoImporte

Enfermeiros/as3.080 pesetas brutas, noite.

TER2.652 pesetas brutas, noite.

TEL2.652 pesetas brutas, noite.

Auxiliares de enfermería2.225 pesetas brutas, noite.

Subalternos2.225 pesetas brutas, noite.

Artigo 10º.-Domingos e festivos.

Establécese un plus de domingos e festivos, consistente nas cantidades seguintes:

Posto de traballoImporte

Enfermeiros/as2.200 pesetas brutas, por quenda.

TER1.800 pesetas brutas, por quenda.

TEL1.800 pesetas brutas, por quenda.

Auxs. de enfermería1.400 pesetas brutas, por quenda.

Subalternos1.400 pesetas brutas, por quenda.

Artigo 11º.-Plus de transporte.

Tódolos traballadores afectados polo presente convenio terán dereito a un plus de transporte, que consistirá na contía de 4.326 pesetas brutas mensuais.

Artigo 12º.-Baixas por IT.

Cando o traballador afectado polo presente convenio pase a situación de IT, as remuneracións que percibirá durante a dita situación serán as calculadas sobre as porcentaxes da táboa anexa e referidas á base de cotización de continxencias comúns correspondentes ó mes anterior ó da baixa, realizándose os axustes que fosen precisos nas nóminas sobre as cantidades brutas do mes concorrente.

Do 1º ó 15º día: cobrará o 60%.

Do 16º en diante: cobrará o 75%.

Se nos 6 meses seguintes á entrada en vigor deste convenio o índice de IT supera nun 25% o do ano 1997, a comisión paritaria estudiará as causas de tal incremento para efectos de revisa-las porcentaxes de retribución.

Artigo 13º.-Baixas por accidente laboral e enfermidade profesional.

A empresa complementará ata o 100% do salario as prestacións económicas derivadas de accidente laboral ou enfermidade profesional, correspondente ó soldo ó mes da data da baixa.

Artigo 14º.-Vacacións.

Todo o persoal afectado por este convenio terá dereito a un período de vacacións anuais de 30 días naturais retribuídos.

O dito período vacacional desfrutarase nos períodos quincenais, un elixido polo traballador e outro elixido pola empresa, podendo excepcionalmente desfrutarse os 30 días continuados, tras solicitude do traballador e valoración pertinente pola dirección.

O período vacacional para o persoal facultativo e non sanitario seá de xuño a setembro, ambos inclusive.

O persoal sanitario non facultativo desfrutará as súas vacacións entre os meses de maio e outubro, ambos inclusive.

Os períodos vacacionais sinalados son con carácter xeral podendo desfrutar vacacións fóra do dito período.

A fixación do calendario vacacional realizarase en marzo para todo o ano; nas unidades en que non exista un sistema de rotación implantado, realizarase un sorteo; nos anos sucesivos teranse en conta as vacacións desfrutadas durante o ano inmediatamente anterior.

Unha vez comunicados ó traballador os períodos vacacionais, non se poderán efectuar cambios a excepción de mutuo acordo, por escrito, entre traballadores da mesma categoría e área de traballo ou comunicación por parte da empresa cun aviso

previo, por escrito, de dous meses de antelación, sendo precisa unha argumentación do dito cambio na comisión paritaria.

Os traballadores que así o soliciten poderán desfruta-las vacacións anexas á baixa por maternidade.

Artigo 15ª.-Licencias e permisos.

Os traballadores afectados polo presente convenio desfrutarán das licencias e permisos legalmente recoñecidos coas seguintes peculiaridades:

Como criterio de desprazamento xeral utilizarase a distancia de 100 km desde a Fundación Hospital Verín.

Por cambio de domicilio, 2 días anuais consecutivos ó traslado se este se realiza nun radio menor de 50 km e 1 día anual se o traslado se realiza nunha distancia maior de 50 km ó centro de traballo.

Cada traballador terá dereito a 2 días de libre disposición máis un terceiro para desfrutar nun día de ponte, de non ser posible o seu desfrute este día de ponte por necesidades do servicio, desfrutaríase durante o ano. Os ditos días de libre disposición solicitaranse por escrito ó inmediato superior con, polo menos, quince días de antelación.

Os traballadores que os días 24 e 31 de decembro teñan quenda de tarde ou noite terán dereito a unha libranza.

Os traballadores terán dereito ó desfrute de 3 días consecutivos, durante os 7 días seguintes ó nacemento ou adopción dun fillo.

Artigo 16º.-Permiso non retribuído.

A empresa concederalles un permiso non retribuído, cun período mínimo de 15 días ata un máximo de 3 meses ó ano, a aqueles traballadores que leven prestando os seus servicios polo menos 6 mese ininterrompidos, e que o soliciten por escrito xustificadamente, con polo menos 15 días de antelación.

Artigo 17º.-Revisións médicas e saúde laboral.

Sen menoscabo do que determine a normativa vixente no relacionado coa saúde laboral, a todo o persoal afectado por este convenio ofreceráselle a posibilidade dun recoñecemento médico anual.

Artigo 18º.-Excedencia voluntaria.

Tódolos traballadores afectados polo presente convenio cunha antigüidade mínima dun ano terán dereito a situarse en excedencia voluntaria coas seguintes peculiaridades:

Solicitaranse por escrito con quince días de antelación á data prevista para o inicio da excedencia.

A excedencia terá como duración mínima un ano cun máximo de cinco.

Se o traballador solicita a reincorporación no período mínimo da excedencia terá dereito a reincorporarse no mesmo posto de traballo que tiña ó solicita-la excedencia. Despois dese momento consevarase un dereito preferente a ocupar calquera posto

de traballo da súa mesma categoría ou especialidade cuberto mediante contratación de duración determinada.

A reincorporación solicitarase por escrito con, cando menos, 20 días de antelación á data prevista para facela efectiva.

Non se concederán novas excedencias voluntarias ata teren transcorrido tres anos desde a reincorporación dunha excedencia anterior.

Artigo 19º.-Comisión paritaria.

Formarana 5 membros por parte da empresa e 5 por parte da representación social asinante deste acordo. Constituirase ó cabo dun mes desde a publicación do convenio, debendo comunicarlle a relación de integrantes ó presidente da comisión negociadora antes de 5 días da sinatura definitiva do acordo.

A comisión elaborará o seu Regulamento de funcionamento. A empresa facilitaralle o local e os medios que precise. Reunirase de maneira ordinaria unha vez cada trimestre natural, ademais das reunións extraordinarias que se celebrarán nas 48 horas seguintes á convocatoria asinada pola metade dos membros da comisión, sempre que transcorresen 15 días desde a anterior reunión extraordinaria.

A misión da comisión paritaria é vixiar polo cumprimento do convenio e o desenvolvemento dos acordos nel acadados; ámbalas partes someterán a esta comisión cantos problemas, conflictos ou discrepancias xurdan da interpretación deste convenio; recorrerase, en caso de desacordo, ó sistema de conciliación de conflictos laborais.

Os acordos acadaranse por maioría de cada unha das representacións, dándose a publicidade conveniente para o caso. Os acordos desta comisión terán o valor de acordos de empresa e vincularán as dúas partes nos mesmos termos ca este convenio, incorporándoos como anexos.

Artigos 20º.-Anticipos de nómina.

Os traballadores suxeitos a este convenio poderán solicitar anticipos de nómina sen xuro baixo as seguintes normas:

a) A empresa disporá dun fondo de 500.000 pesetas mensuais para repartir entre as solicitudes que entren nese mesmo mes.

b) O prazo de presentación de solicitudes será do 1 ó 10 de cada mes, comunicándose as cantidades concedidas a cada traballador do 11 ó 15, debendo comunicarse a renuncia ó dito anticipo do 16 ó 20 e aboándose o importe concedido definitivo dentro dos 5 días seguintes.

c) O importe do dito anticipo poderase cobrar mediante cheque bancario ou ingreso na conta correspondente a cada traballador.

d) O desconto do dito anticipo será a partir do mes seguinte ó da concesión e aboamento del.

e) A cantidade máxima que poderá solicitar cada traballador será de 250.000 ptas.

f) A devolución realizarase como máximo en 10 meses, comprometéndose cada traballador a manter e respecta-la retención de haberes que o hospital sinale para a amortización deste anticipo, aínda que por outras retencións xudiciais ou gobernativas quede totalmente absorbida a parte do soldo legalmente embargable.

g) Mentres non se termine de pagar un anticipo non se poderá solicitar outro de novo.

h) Poderán solicitar anticipo da súa nómina tódolos traballadores coa particularidade de que a devolución deberá realizarse dentro da duración coñecida do contrato.

Artigo 21º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o que non estea expresamente previsto neste convenio seguirase o que dispoña o Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais de xeral aplicación.

Artigo 22º.-Modificación das condicións de traballo.

Terán a consideración de modificacións colectivas das condicións de traballo aquelas que afecten a totalidade dos traballadores incluídos nunha carteleira ou dunha categoría.

Artigo 23º.-Priorización no despedimento por causas económicas.

Sen menoscabo do sinalado pola lexislación vixente no caso de que sexan precisos os despedimentos por causas expostas no apartado 1 do artigo 51 do Estatuto dos traballadores, estes afectarán en primeiro lugar o persoal con contrato por tempo determinado ou a tempo parcial. No caso de ser preciso o despedimento de persoal con contrato indefinido procederase en primeiro lugar polo persoal con

menor antigüidade continuándose alternativamente entre os traballadores con maior antigüidade e os de menor antigüidade resolvéndose os posibles empates tendo en conta as cargas familiares dos traballadores.

Artigo 24º.-Representación sindical.

Recoñécese a posibilidade de acumulación do crédito horario entre os representantes do comité de empresa elixidos por unha mesma central sindical.

Artigo 25º.-Formación continuada.

Nos dous meses seguintes á sinatura deste convenio formularanse, no seo da comisión paritaria, as liñas estratéxicas de formación continuada para 1998.

Artigo 26º.-Promoción interna.

Estudiarase na comisión paritaria o establecemento dun sistema de promoción interna para os traballadores afectados polo presente convenio.

Artigo 27º.-Acción social.

Crearase un fondo de acción social ó que contribuirán por unha parte os traballadores, dunha forma voluntaria, afectados por este convenio, cunha achega de 100 pesetas mensuais, correspondendo o total anual ó 40% do dito fondo e sufragando a empresa o 60% restante.

O dito fondo terá como obxectivos a subvención de gastos de gardería (40%) e libros escolares (60%) para os fillos dos traballadores da Fundación Hospital Verín.

Artigo 28º.-Partes asinantes.

Son partes asinantes do presente convenio os membros do comité de empresa da Fundación Hospital Verín, elixidos polas centrais sindicais, CC.OO., CEMSATSE e Grupo de Traballadores Independentes en representación dos traballadores, e a dirección da Fundación Hospital Verín por parte da empresa.

Táboa salarial dos traballadores da Fundación Hospital Verín de 1997

Soldo basePlus transporteComplemento

específico

Complemento

productividade

fixa

Complemento

de destino

Complemento

de destino

adicional

Persoal facultativo151.9614.32647.403102.170103.0550-411.717

Enfermeiros129.0064.326022.50065.5980

TEL, TER96.1824.326016.66747.9240

Auxiliares enfermería83.8624.326013.33328.5220

Administrativos88.7584.326019.16782.0240

Auxiliares administrativos80.6484.326013.33332.3000

Subalternos80.6484.326013.33332.3000

Estes soldos son a xornada completa.

2488