Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 1998 Páx. 3.042

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral de Interior, pola que se fai público o acordo do Consello da Xunta de Galicia do expediente sancionador en materia de xogo OR-1/96.

Intentada a notificación directa a Fernando Somoza Filgueira do acordo dictado polo Consello da Xunta de Galicia no expediente de referencia, e ó non poder efectuarse esta, resolvín, ó abeiro do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia do seguinte,

ACORDO:

Primeiro.-Sanciona-lo titular do establecemento Júpiter II, Fernando Somoza Filgueira, representante de Mei-Som, S.L., cunha multa dun millón cen mil pesetas (1.100.000 ptas.), pola comisión dunha infracción moi grave das previstas no artigo 28 g) da Lei 14/1985, modificada pola Lei 7/1991, e sancionable polos artigos 31 e 32 da mesma lei, por ter unha máquina recreativa de tipo B carecendo da documentación esixida pola lexislación vixente.

Segundo.-Impoñer como sanción accesoria o decomiso definitivo para a destrucción da máquina en cuestión, tal e como se establece no Art. 31.1º da Lei 14/1985, reguladora dos xogos e apostas de Galicia, con entrega da recadación existente a favor do Tesouro desta Comunidade Autónoma.

Contra o presente acordo, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante a sala do contencioso-administrativo logo da correspondente comunicación a esta consellería na forma prevista na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, e no artigo 110 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Comunícaselle ó interesado que ten un prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución, para efectua-lo pagamento dela en período voluntario na conta restrinxida de recadación a favor do Tesouro da Facenda galega, de multas e sancións, nº 311-400-605 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Ourense. De non efectua-lo pagamento dentro do prazo establecido procederase á súa execución por vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1998.

Alfredo Sánchez Carro

Director xeral de Interior

2199