Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 1998 Páx. 3.039

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 27 de febreiro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea M.R. VIII.

Visto o expediente incoado por José Fernández Rey, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominada M.R. VIII, outorgado pola orde ministerial do 20-11-1963, situado na cuadrícula nº 283, do polígono B de Vilagarcía de Arousa, rematando a concesión o 20-11-2003, e da que era titular Luzdivina Rey Piñeiro.

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca

de Galicia e 10.1º do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Últimas Vontades, o testamento así como a adxudicación parcial da herdanza e a documentación acreditativa da presentación ó pagamento do imposto de sucesións e doazóns, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de José Fernández Rey (35.411.664).

O novo titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas do anterior, así como queda obrigado a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 27 de febreiro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134/10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Pontevedra

2245