Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 1998 Páx. 3.038

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se abre información pública para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e do proxecto sectorial das instalacións do parque eólico Monseiván. (Expediente 015-EOL).

Para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 52 e 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, de apliación tendo en conta a disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude da empresa Desarrollos Eólicos, S.A., para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, que implicará a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, aprobación do proxecto de execución, e do proxecto sectorial do parque eólico Monseiván, coas seguintes características:

Peticionario: Desarrollos Eólicos, S.A., polígono Pocomaco, sector A-2, nave 6, 15190 A Coruña.

Situación: concellos de Abadín e Vilalba (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V (0.613.400, 4.806.900);

V (0.617.350, 4.805.400);

V (0.617.600, 4.805.750);

V (0.618.800, 4.806.750);

V (0.619.900, 4.803.500);

V (0.615.000, 4.803.500);

V (0.613.200, 4.805.800).

Afección a predios particulares:

Un.-As afeccións incluídas no anexo designadas como: aeroxerador, superficie de apoio e sistema colector, superficie ocupada implican a ocupación de pleno dominio dos terreos.

Dous.-As afeccións incluídas como camiño, superficie ocupada e aeroxerador, voo, implican a servidume permanente de paso coas seguintes limitacións ó dominio:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares, así como plantar árbores e arbustos.

2. Prohibición de efectuar calquera tipo de obras ou efectuar algún acto que puidera danar ou prexudica-lo bo funcionamento das instalacións.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para executar, manter, renovar ou repara-las instalacións.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións a este, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo. Ronda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de notificación do presente acordo ós titulares descoñecidos dos predios que se describen no anexo.

Lugo, 6 de marzo de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de execución do parque eólico Monseiván

PredioPropietarioAeroxeradorCamiñoS. Colec.

Pol.NomeDomicilioCultivoLugarConcelloSuperficie

apoio

VooCamiñoSuperficie

ocupada

76727Monte veciñal en man común de veciños a parroquia de Samarugo. Rpte. José López Rouco (presidente da xunta de monte veciñal en man común da parroquia de Samarugo)Lugar de

Campomaior, s/n.

Parroquia de

Samarugo. Vilalba. Lugo

Monte e

monte

baixo

ToxosoVilalba2.541 m26.376 m4.400 m8.075 m

58012DescoñecidoDescoñecidoMonte e

Monte

baixo

ToxosoVilalba484 m5.024 m7.700 m 1.115 m

PredioPropietarioAeroxeradorCamiñoS. Colec.

Pol.NomeDomicilioCultivoLugarConcelloSuperficie

apoio

VooCamiñoSuperficie

ocupada

693333Concello de Abadín. Veciñal. Monte veciñal en man común de Castromaior. Representante Jesús Vizoso Coira (presidente da xunta de monte veciñal en man común da parroquia de Castromaior)Castromaior. Parroquia de Castromaior, Abadín. Lugomonte

baixo

ToxosoAbadín3.509 m36.424 m31.220 m 4.535 m

1,211Comunidade de veciños de Vilalba. Monte veciñal en man común de Corbelle. Rpte. Ladislao Fernández Ramudo (presidente da xunta de monte veciñal en man común da parroquia de Corbelle)Lugar de Bouzas.

Parroquia de Corbelle.

Vilalba. Lugo

monte

baixo

Licencias

e Toxoso

Vilalba1.089 m11.304 m10.570 m 1.585 m

2028